海秀天成楼栋已建至16层 预计今年11月份开盘
- Tamén existe o xénero Spirochaeta, pertencente a este filo.
Espiroquetas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Treponema pallidum. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias e xéneros | |||||||||
百度 近年来,以推进协商民主广泛、多层、制度化发展为着力点,研究破解了协商什么、怎样协商、与谁协商、哪里协商、协商成果如何运用等基本问题,对民主协商基本原则、协商内容、协商形式、协商平台、实施主体、参与范围、基本程序和协商保障进行了较为全面的总体设计。
Spirochaetaceae |


As espiroquetas (Spirochaetes) son un filo de bacterias gramnegativas que te?en células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a sífilis ou a enfermidade de Lyme.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 μm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 μm [2]. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Te?en a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaí?a externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns flaxelos especializados denominados filamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no espazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada extremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara a atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula.[2]
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de ágar.
Son organismos quimioheterótrofos, a maioría anaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.
O xenoma de Spirochaetes é moi infrecuente e consta de cromosomas e plásmidos, e en xéneros como Borrelia os cromosomas son li?ais en vez de circulares.[3]
Exemplos
[editar | editar a fonte]O filo Sprirochaetes divídese en tres familias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único orde, Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:
- Leptospira (ver L. interrogans), que causa leptospirose ou enfermidade de Weil, que pode causar insuficiencia renal e morte.[4]
- Borrelia burgdorferi, que causa a enfermidade de Lyme, transmitida por insectos.
- Borrelia recurrentis, que causa a febre recorrente, que se transmite xeralmente polos piollos.[5]
- Treponema pallidum, que causa a sífilis.
- Brachyspira pilosicoli e Brachyspira aalborgi, que causan a espiroquetose intestinal [6].
Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dun clado maior denominado Gracilicutes.[7]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [8] e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI)[9] e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree' [10]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
? Cepas tipo perdidas ou non dispo?ibles
? Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispo?ibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo
? Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9.
- ↑ 2,0 2,1 M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10a edición. ISBN 84-205-3679-2.
- ↑ Hinnebusch J, Tilly K (1993). "Linear plasmids and chromosomes in bacteria.". Mol Microbiol 10 (5): 917–22. PMID 7934868.
- ↑ McBride A, Athanazio D, Reis M, Ko A (2005). "Leptospirosis". Curr Opin Infect Dis 18 (5): 376–86. PMID 16148523.
- ↑ Schwan T (1996). "Ticks and Borrelia: model systems for investigating pathogen-arthropod interactions". Infect Agents Dis 5 (3): 167–81. PMID 8805079.
- ↑ Amat Villegas I, Borobio Aguilar E, Beloqui Perez R, de Llano Varela P, Oqui?ena Legaz S, Martínez-Pe?uela Virseda JM (2004). "[Colonic spirochetes: an infrequent cause of adult diarrhea]". Gastroenterol Hepatol (en Spanish; Castilian) 27 (1): 21–3. PMID 14718105.
- ↑ Cavalier-Smith, T. (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biology Direct 1 (19). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xu?o de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2006
- ↑ J.P. Euzéby. "Spirochaetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xu?o de 2011. Consultado o 2025-08-08.
- ↑ Sayers; et al. "Spirochaetes". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 2025-08-08.
- ↑ 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2025-08-08.