王菲属什么生肖| 人最重要的是什么| 田共念什么| 吾矛之利的利什么意思| 恐惧症吃什么药最好| 三头六臂是什么意思| 俄罗斯和白俄罗斯有什么区别| 喉咙发甜是什么原因| 羊肉配什么菜好吃| 鼻子痒是什么原因| 停胎是什么原因造成的| beryl是什么意思| 双鱼座跟什么星座最配| 甲功四项是什么检查项目| 拍拖是什么意思| 胶原蛋白什么时候喝最好| 子宫癌筛查做什么检查| 附件炎有什么症状| 举人相当于现在的什么官| 寒食节是什么时候| 食用碱是什么| 私联是什么意思| 阿胶适合什么人吃| 水中毒是什么症状| 辣眼睛是什么意思| 羊肚菌有什么功效和作用| 社保卡是什么样的图片| 长疣是什么原因| 气血不足什么引起的| 金多水浊什么意思| 挂名什么意思| 尿酸高适合吃什么食物| 小祖宗是什么意思| 一什么而入| 吃什么降血糖| 白色鼻毛是什么原因| 扬州有什么好吃的| 三月初八是什么星座| 什么的天山| 逾越节是什么意思| 扁桃体切除有什么坏处| 国家主席是什么级别| ms是什么单位| 喝劲酒有什么好处| 什么是开放性伤口| 碳酸钙d3颗粒什么时候吃最好| 世界屋脊指的是什么| 公立医院是什么意思| 小孩嗓子疼吃什么药| 腹胀是什么原因引起的| 芽孢是什么| 为什么经常放屁| aa是什么病| 武汉有什么好玩的地方| 人为什么会抑郁| 犯太岁是什么意思啊| 红玛瑙适合什么人戴| 七夕是什么意思| 月忌日是什么意思| 来忘掉错对来怀念过去是什么歌| 更年期提前是什么症状| 炮制是什么意思| jojo是什么| lsa是什么胎位| 男人血精是什么原因造成的| 胸部疼痛挂什么科| 腹部胀痛什么原因| 血珀五行属什么| 皮肤为什么会痒| 泯是什么意思| 现在是什么年代| 一个月不来月经是什么原因| 吃什么容易长肉| 虾吃什么| 家蛇出现寓意什么| 儿童中耳炎用什么药最好| 补气补血吃什么好| 心慌气短是什么原因| 肺阴不足的症状是什么| 肚脐眼左边疼是什么原因| 正厅级是什么级别| 毒唯什么意思| 有痰咳嗽吃什么药| 医院康复科是干什么的| 年下是什么意思| 口腔医学技术是干什么的| 辅助生殖是什么意思| 发烧应该吃什么药| qaq什么意思| 才华横溢是什么意思| 巨蟹座是什么性格| 便秘吃什么中药| 贫血吃什么| 眉毛痒痒代表什么预兆| 拔完智齿可以吃什么| 高血压喝什么茶| 计算机科学与技术是学什么的| 睾丸上长毛意味着什么| 11.5是什么星座| 焦虑症是什么病| 嚼槟榔为什么上瘾| 手心脚心出汗什么原因| 间歇性跛行见于什么病| 口苦口干口臭吃什么药| 糖耐主要是检查什么| 尿妊娠试验是检查什么| 七星鱼吃什么食物| 包皮溃烂是什么原因| 卵巢早衰吃什么可以补回来| 秦国是现在的什么地方| 姨妈期可以做什么运动| 渝北区有什么好玩的地方| 户名是什么意思| 蛋皮痒痒是什么病| 烧腊是什么| 农历十月初八是什么星座| 芙蕖是什么意思| 笑对人生是什么意思| 20度穿什么衣服| 腿部抽筋是什么原因引起的| yn是什么牌子| 引以为傲是什么意思| hbv病毒是什么意思| 唇周发黑是什么原因| 丙氨酸氨基转移酶高是什么意思| 发烧有什么症状| 鬼剃头是什么病| 注意力不集中是什么原因| 费洛蒙是什么| 为什么有的人怎么吃都不胖| 品保是做什么的| 什么药能治口臭| 乔迁之喜送什么花| 散光是什么症状| 夏天吃姜有什么好处| 调理脾胃吃什么药| bmi是什么意思| 一什么月亮| 女人严重口臭挂什么科| 五月十二是什么星座| 夏天煲鸡汤放什么材料| 缠腰蛇是什么原因引起的| 吃什么可以增强抵抗力和免疫力| 痔疮饮食要注意什么| 甲状腺斑块是什么意思| wing什么意思| 北京属于什么气候| 眼皮有点肿是什么原因| 为什么眉毛越来越少| 宝宝感冒吃什么药| 腊月是什么生肖| 瑶浴是什么意思| 铁低的原因是什么| 混合痔是什么| 后羿射日告诉我们什么道理| 梳头有什么好处| 三月八号什么星座| pr是什么工作| 英语四级是什么水平| 什么是躯体化症状表现| 体癣是什么原因引起的| 红细胞阳性是什么意思| 虎年是什么年| 5.16号是什么星座| 大本营是什么意思| 鸟喙是什么意思| 一什么窗| 胆汁是什么颜色| 月经周期短是什么原因| 38属什么| 伊犁在新疆什么位置| 梦魇是什么原因造成的| 非那雄胺片是什么药| 女人腰椎疼是什么原因| 脚背疼挂什么科| 寄居蟹吃什么| ssa抗体阳性说明什么| 胎盘位于子宫前壁是什么意思| 大姨妈为什么会推迟| 易举易泄是什么原因| 家庭出身填什么| 过期牛奶有什么用途| 用牛奶敷脸有什么好处和坏处| 尿很臭是什么原因| 仁波切是什么意思| 皇家礼炮是什么酒| 什么的鸟儿| 睡觉打嗝是什么原因| 双鱼座女和什么星座最配| 为什么拉屎会出血| 一九九七年属什么生肖| 一个歹一个殇读什么| 心病是什么意思| 42属什么| 克罗恩病有什么症状| 回心转意是什么意思| 成人发烧吃什么退烧药| 奶粉中的opo是什么| 吃蜂蜜有什么好处| hpy什么意思| 每天吃一个鸡蛋有什么好处| 献血之后吃什么比较好| 鸡胗是什么部位| 枯木逢春是什么意思| 痛经喝什么可以缓解| 两重天什么意思| 王字加一笔是什么字| 隐血是什么意思| 牙齿痛吃什么消炎药| hcv是什么意思| 丁香泡水喝有什么功效和作用| 裙裤适合什么人穿| 什么是单反相机| 榜眼是什么意思| ra是什么病| 宫内暗区是什么意思| 脑供血不足用什么药好| 站街女是什么意思| 胃发热是什么原因| 西洋参什么人不能吃| 霉菌感染用什么药好| 非什么意思| 皮脂腺囊肿用什么药膏| 瓜怂是什么意思| 哼唧是什么意思| 凝神是什么意思| 胃酸多吃什么药| 生辰八字查五行缺什么| 冬虫夏草生长在什么地方| 十二生肖里为什么没有猫| 电饭煲内胆什么材质好| 蓦然回首什么意思| 闻鸡起舞是什么生肖| 颔是什么意思| 黄金分割点是什么| 随心而欲是什么意思| 7月23号是什么星座| 鸽子喜欢吃什么食物| 五什么四什么| 肾阳虚喝什么泡水最好| 梦见老公有外遇预示什么| 血糖低会出现什么症状| 耳朵上长痣代表什么| 什么是满汉全席| 西湖醋鱼是什么菜系| 农历5月20日是什么星座| 壁虎的尾巴有什么作用| 为什么说| 鬼火是什么意思| 1212是什么星座| 纤维蛋白原是什么意思| 维生素c吃多了有什么危害| 甲状腺功能亢进症是什么病| 痢疾吃什么药| 经常吐口水是什么原因| nuxe是什么牌子护肤品| 痛经吃什么食物| 早搏心律不齐吃什么药| 守护神是什么意思| 为什么会突发脑溢血| alcon是什么牌子| 血滴子是什么| 什么水果可以减肥刮油脂| bld是什么意思| 百度Saltar ao contido

加特纳菌阳性是什么病

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hyder, Avery, MacLeod e McCarty usaron febras de ADN purificado como estas, precipitadas a partir de solucións de compo?entes celulares, para realizar transformacións bacterianas.
百度 而孕期产期因素造成的先天性耳聋预防措施主要是加强母体在孕期产期的护理,预防母体和新生儿病毒感染,孕期用药一定进行专业咨询,不应随便服药。

O experimento de Avery, MacLeod e McCarty foi unha demostración experimental publicada en 1944 por Oswald Avery, Colin MacLeod e Maclyn McCarty, de que o ADN é a substancia que causa a transformación bacteriana, o que implicaba que portaba a información xenética, nunha época en que a maioría dos científicos consideraban que as proteínas eran as moléculas que realizaban a función de almacenar a información xenética (e a propia palabra proteína acu?ouse así coa raíz protos polo convencimento que había daquela de que a súa función era primaria). Foi a culminación das investigacións feitas na década de 1930 e en toda a primeira metade do século XX no Rockefeller Institute for Medical Research que intentaban identificar cal era o "principio transformante" responsable do fenómeno da transformación bacteriana descrito no famoso experimento de Griffith de 1928, no cal Griffith matou con calor unha cepa virulenta de tipo III-S da bacteria Streptococcus pneumoniae (pneumococo), e inxectou esas bacterias mortas xunto con bacterias vivas da cepa non virulenta II-R de pneumococos, o que tivo como resultado a morte do rato e a aparición no cadáver de bacterias de tipo III-S vivas, as cales eran bacterias II-R transformadas en III-S porque se supo?ía que algunha substancia desco?ecida (o "principio transformante") procedente das III-S mortas pasaba ás II-R vivas causando a transformación. Avery e os seus colegas, no seu artigo "Studies on the Chemical Nature of the Substance Inducing Transformation of Pneumococcal Types: Induction of Transformation by a Desoxyribonucleic Acid Fraction Isolated from Pneumococcus Type III", publicado no número de febreiro de 1944 da revista Journal of Experimental Medicine, suxiren que é o ADN (e non as proteínas como se cría maioritariamente daquela) o material hereditario das bacterias e o "principio transformante" buscado, e que podía ser análogo aos xenes e/ou virus dos organismos superiores.[1][2]

Avery ae os seus colegas mostraron que o ADN era o compo?ente clave do experimento de Griffith, no cal se inxectaban en ratos bacterias mortas dunha cepa virulenta con bacterias vivas doutra cepa non virulenta e orixinábase unha infección similar ás causadas pola cepa virulenta.

Co desenvolvemento da tipificación serolóxica, os investigadores médicos puideron clasificar as bacterias en diferentes cepas, ou tipos. Cando se inocula unha persoa ou animal de laboratorio (como os ratos) cun determinado tipo ou cepa, orixínase unha resposta inmunitaria, xerando anticorpos que reaccionan especificamente cos antíxenos da bacteria. O soro sanguíneo que contén os anticorpos pode extraerse despois e ser aplicado a un cultivo bacteriano. Os anticorpos reaccionarán con outras bacterias do mesmo tipo que os da inoculación orixinal. Os tipos de pneumococos e a súa tipificación serolóxica descubríraos o bacteriólogo alemán Fred Neufeld. Ata os estudos de Frederick Griffith os bacteriólogos crían que os tipos (cepas) estaban fixados e non podían cambiar dunha xeración á seguinte, pero o experimento de Griffith demostraba o contrario.[3]

O experimento de Griffith, publicado en 1928,[4] indicaba que algún tipo de "principio transformante" da bacteria pneumococo podía causar a transformación dun tipo de pneumococo a outro. Griffith, que era un oficial médico británico, pasara varios anos aplicando a tipificación serolóxica a casos de pneumonía, unha enfermidade que podía ter un fatal desenlace frecuente a inicios do século XX. Atopou que varios tipos de pneumococos, algúns virulentos e outros non virulentos, estaban presentes no curso dun caso clínico de pneumonía e pensou que un tipo podía transformarse noutro (en vez de que simplemente cada tipo se reproducise). Para comprobar esa posibilidade, atopou nos seus experimentos que a transformación podía ocorrer cando as bacterias mortas do tipo virulento e as vivas non virulentas eran inxectadas xuntas en ratos: o rato desenvolvía unha infección mortal (normalmente causada polas bacterias vivas de tipo virulento) e que se podían illar bacterias virulentas vivas do rato infectado (a pesar que non se inoculara ningunha viva dese tipo).[5]

Os descubrimentos do experimento de Griffith axi?a foron confirmados, primeiro por Fred Neufeld[6] no Instituto Robert Koch e por Martin Henry Dawson no Instituto Rockefeller.[7] Unha serie de investigadores do Instituto Rockefeller continuaron estudando a transformación nos anos seguintes. Xunto con Richard H.P. Sia, Dawson desenvolveu un método para transformar bacterias in vitro (en vez de in vivo como fixera Griffith).[8] Despois da marcha de Dawson en 1930, James Alloway retomou os intentos de ampliar os descubrimentos de Griffith, que tiveron como resultado a extraccción de solucións acuosas do principio transformante en 1933. Colin MacLeod traballou purificando esas solucións desde 1934 a 1937, e os traballos foron continuados en 1940 e completados por Maclyn McCarty.[9][10]

Traballo experimental

[editar | editar a fonte]

O pneumococo caracterízase por formar colonias lisas nas que as bacterias te?en unha cápsulas de polisacárido ou rugosas, sen cápsula. Os diferentes tipos clasifícanse de acordo coas súas especificidades inmunolóxicas.[1]

O procedemento de purificación seguido por Avery consistía en primeiro matar a bacteria con calor e extraer os compo?entes solubles en solución salina. Despois, causábase a precipitación das proteínas usando cloroformo e as cápsulas de polisacárido eran hidrolizadas cun encima. Para verificar a completa destrución das cápsulas realizábase unha precipitación inmunolóxica causada por anticorpos específicos de tipo. Seguidamente, a porción activa era precipitada por fraccionamento con alcohol, orixinándose febras de moléculas fibrosas que podían ser retiradas cunha vari?a axitadora.[1]

A análise química mostraba que as proporcións de carbono, hidróxeno, nitróxeno e fósforo nesta porción activa eran consistentes coa composición química do ADN. Para mostrar que o responsable da transformación era o ADN e non algunha pequena cantidade de ARN, proteínas ou algún outro compo?ente celular, Avery e os seus colegas usaron diversos tests bioquímicos. Atoparon que a tripsina, quimotripsina e ribonuclease (encimas que degradan as proteínas e o ARN) non afectaban a trfansformación, pero que unha preparación encimática de "desoxirribonucleodepolimerase" (unha preparación crúa, que se podía obter de moitas fontes animais, que podía degradar o ADN) destruía o poder transformante do extracto.[1]

Posteriores traballos en resposta a críticas e obxección que xurdiran incluíron a purificación e cristalización, feita por Moses Kunitz en 1948 dunha ADN depolimerase (deoxirribonuclease I), e os precisos traballos de Rollin Hotchkiss que mostraban que virtualmente todo o nitróxeno detectado no ADN purificado procedía da glicina, un produto da degradación da base nitroxenada nucleotídica adenina, e que a contaminación por proteínas non detectadas era como moito do 0,02% segundo a estimación de Hotchkiss.[11][12]

Oswald Avery
Colin MacLeod
Maclyn McCarty (con Watson e Crick)

Repercusión do experimento

[editar | editar a fonte]

Os descubrimentos experimentais do experimento de Avery, MacLeod e McCarty foron rapidamenre confirmados e ampliados a outras características hereditarias distintas das cápsulas polisacáridas bacterianas. Porén, había unha considerable reticencia a aceptar a conclusión de que o ADN era o material xenético. Segundo a influínte "hipótese do tetranucleótido" de Phoebus Levene, o ADN consistía en unidades repetidas dos catro nucleótidos (coas catro bases nitroxenadas) e ti?a pouca especificidade biolóxica. O ADN era, por tanto, considerado simplemente un compo?ente estrutural dos cromosomas, mentres que se pensaba que os xenes probablemente estaban feitos do compo?ente proteico dos cromosomas.[13][14] Esta li?a de pensamento foi reforzada pola cristalización en 1935 do virus do mosaico do tabaco feita por Wendell Stanley,[15] e os paralelismos entre virus, xenes e encimas. Así, moitos biólogos pensaban que os xenes poderían ser unha especie de "superencima" e que os virus eran considerados, de acordo con Stanley, proteínas e compartían a propiedade da autocatálise con moitos encimas.[16] Ademais, poucos biólogos pensaban que a xenética se puidese aplicar ás bacterias, xa que estas carecían de cromosomas e de reprodución sexual. En particular, moitos dos xenetistas co?ecidos informalmente como o grupo dos fagos, que serían moi influíntes na nova disciplina da bioloxía molecular na década de 1950, eran contrarios a considerar o ADN o material xenético (e estaban inclinados a evitar os "desordenados" enfoques bioquímicos de Avery e os seus colegas). Algúns biólogos, incluíndo algúns do propio Instituto Rockefeller como Alfred Mirsky, po?ían en dúbida os descubrimentos de Avery de que o principio transformante era ADN puro, suxerindo que os responsables eran os contaminantes proteicos presentes.[13][14] Aínda que a transformación ocorría nalgúns tipos de bacterias, non podía ser replicada noutras bacterias (nin en ningún organismo superior), e a súa importancia parecía limitada principalmente á medicina.[13][17]

Os científicos que examinaron a repercusión do experimento de Avery, MacLeod e McCarty non están de acordo sobre o influínte que foi na década de 1940 e inicios da de 1950. Gunther Stent suxeriu que foi en gran medida ignorado e só foi celebrado anos máis tarde, de maneira similar ao que ocorrera cos traballos de Gregor Mendel décadas antes do xurdimento da xenética. Outros, como Joshua Lederberg e Leslie C. Dunn, testemu?an a súa importancia temperá e citan o experimento como o comezo da xenética molecular.[18]

Uns cantos microbiólogos e xenetistas estaban interesados na natureza química e física dos xenes antes de 1944, pero o experimento de Avery, MacLeod e McCarty trouxo un maior e renovado interese sobre o asunto. Aínda que a publicación orixinal non menciona a xenética especificamente, Avery e moitos xenetistas que leron o seu artigo eran conscientes das implicacións xenéticas que ti?a: Avery podía ter conseguido illar un xene como ADN puro. O bioquímico Erwin Chargaff, o xenetista H. J. Muller e outros loaron o resultado como algo que establecía a especificidade biolóxica do ADN e ti?a importantes implicacións para a xenética se se demostraba que o ADN ti?a un papel similar nos organismos superiores. En 1945, a Royal Society premiou a Avery coa medalla Copley, en parte polo seu traballo sobre a transformación bacteriana.[19]

Entre 1944 e 1954 o artigo foi citado polo menos 239 veces (de forma uniforme ao longo daqueles anos), principalmente en artigos de microbioloxía, inmunoquímica e bioquímica. Ademais dos traballos posteriores de McCarty e outros no Instituto Rockefeller en resposta ás críticas de Mirsky, o experimento estimulou a realización de considerables traballos en microbioloxía, onde axudou a aclarar as analoxías entre a herdanza bacteriana e a xenética dos organismos que se reproducen sexualmente.[17] O microbiólogo francés André Boivin informou que estendera os descubrimentos sobre a transformación bacteriana en pneumococos de Avery a Escherichia coli,[20] aínda que isto non puido ser confirmado por outros investigadores.[17] Porén, en 1946 Joshua Lederberg e Edward Tatum demostraron a conxugación bacteriana en E. coli e mostraron que a xenética podía aplicarse a bacterias, mesmo se o método específico de Avery da transformación non era xeral.[21] O traballo de Avery tamén motivou a Maurice Wilkins a continuar os estudos de cristalografía de raios X do ADN, aínda que se enfrontou á presión dos seus financiadores de que enfocase a súa investigación a células completas e non a biomoléculas.[17]

Malia o importante número de citas do artigo e as respostas positivas que recibiu nos anos seguintes á súa publicación, o traballo de Avery foi en gran medida desatendido por gran parte da comunidade científica. Aínda que foi recibido positivamente por moitos científicos, o experimento non afectou seriamente ás li?as principais de investigación xenética, en parte porque non supo?ía a penas diferenza para os experimentos de xenética clásica, nos cales os xenes se definían polo seu comportamento en experimentos de cruzamento en lugar de polas súas características químicas. H. J. Muller, aínda que estivo interesado, estaba centrado en estudos máis físicos que químicos do xene, como tamén o estaban a maioría dos membros do grupo dos fagos. O traballo de Avery foi tamén ignorado pola Fundación Nobel, que posteriormente expresou publicamente o seu lamento por non ter concedido a Avery o premio Nobel.[22]

No período en que se fixo o experimento de Hershey e Chase, os xenetistas xa estaban máis inclinados a considerar que o ADN era o material xenético e Alfred Hershey foi un influínte membro do grupo dos fagos.[23][24] Erwin Chargaff demostrara que a composición en bases do ADN varía dunha especie a outra (o que é contrario á hipótese do tetranucleótido),[25] e en 1952 Rollin Hotchkiss publicou as súas probas experimentais que confirmaban o traballo de Chargaff e demostraban a ausencia de proteínas no principio transformante de Avery.[26] Ademais, o campo da xenética bacteriana foi rapidamente quedando establecido e os biólogos estaban máis inclinados a pensar que se debía considerar a herdanza nos mesmos termos para bacterias e organismos superiores.[23][24] Despois de que Hershey e Chase usasen isótopos radioactivos para mostrar que era o ADN e non as proteínas, o que entraba nas bacterias despois dunha infección por bacteriófagos,[27] enseguida se aceptou amplamente que o ADN era o material xenético. A pesar dos seus resultados experimentais moito menos precisos (xa que encontraron que tamén entraba na célula unha cantidade non insignificante de proteína xunto co ADN), o experimento de Hershey e Chase non foi sometido ao mesmo grao de obxeccións. A súa influencia foi impulsada pola rede crecente de científicos do grupo dos fagos e, ao ano seguinte, pola publicidade que rodeou á resolución da estrutura do ADN proposta por Watson e Crick (Watson era tamén membro do grupo dos fagos). Porén, soamente en retrospectiva ambos os experimentos probaron definitivamente que o ADN é o material xenético.[23][24]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Avery, Oswald T.; Colin M. MacLeod; Maclyn McCarty (2025-08-07). "Studies on the Chemical Nature of the Substance Inducing Transformation of Pneumococcal Types: Induction of Transformation by a Deoxyribonucleic Acid Fraction Isolated from Pneumococcus Type III". Journal of Experimental Medicine 79 (2): 137–158. PMC 2135445. PMID 19871359. doi:10.1084/jem.79.2.137. 
  2. Fruton (1999), pp. 438–440
  3. Lehrer, Steven. Explorers of the Body. 2nd edition. iuniverse 2006 p 46 [1]
  4. Griffith, Frederick (xaneiro de 1928). "The Significance of Pneumococcal Types". The Journal of Hygiene 27 (2): 113–159. JSTOR 4626734. PMC 2167760. PMID 20474956. doi:10.1017/S0022172400031879. 
  5. Dawes, Heather (agosto de 2004). "The quiet revolution". Current Biology 14 (15): R605–R607. PMID 15296771. doi:10.1016/j.cub.2004.07.038. 
  6. Neufeld, Fred; Levinthal, Walter (1928). "Beitrage zur Variabilitat der Pneumokokken". Zeitschrift für Immunitatsforschung 55: 324–340. 
  7. Dawson, Martin H. "The Interconvertibility of 'R' and 'S' Forms of Pneumococcus", Journal of Experimental Medicine, volume 47, no. 4 (1 de abril de 1928): 577–591.
  8. Dawson, Martin H.; Sia, Richard H. P. (1930). "The Transformation of Pneumococcal Types In Vitro". Proceedings of the Society for Experimental Biology and Medicine 27 (9): 989–990. doi:10.3181/00372025-08-0778. 
  9. Fruton (1999), p. 438
  10. The Oswald T. Avery Collection: "Shifting Focus: Early Work on Bacterial Transformation, 1928–1940." Profiles in Science. U.S. National Library of Medicine. Consultado o 25 de febreiro de 2009.
  11. Fruton (1999), p. 439
  12. Witkin EM (agosto de 2005). "Remembering Rollin Hotchkiss (1911–2004)". Genetics 170 (4): 1443–7. PMC 1449782. PMID 16144981. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Morange (1998), pp. 30–39
  14. 14,0 14,1 Fruton (1999), pp. 440–441
  15. Stanley, Wendell M. (2025-08-07). "Isolation of a Crystalline Protein Possessing the Properties of Tobacco-Mosaic Virus" (PDF). Science. New Series 81 (2113): 644–645. Bibcode:1935Sci....81..644S. JSTOR 1658941. PMID 17743301. doi:10.1126/science.81.2113.644. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2006. Consultado o 2025-08-07. 
  16. Para as teorías entrecruzadas sobre virus, xenes e encimas neste período ver: Creager, Angela N. H. The Life of a Virus: Tobacco Mosaic Virus as an Experimental Model, 1930–1965. University of Chicago Press: Chicago, 2002. ISBN 0-226-12025-2
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Deichmann, pp. 220–222
  18. Deichmann, pp. 207–209
  19. Deichmann, pp. 215–220
  20. Boivin; Boivin, André; Vendrely, Roger; Lehoult, Yvonne (1945). "L'acide thymonucléique hautement polymerise, principe capable de conditioner la spécificité sériologique et l'équipement enzymatique des Bactéries. Conséquences pour la biochemie de l'hérédité". Comptes Rendus 221: 646–648. 
  21. Lederberg, Joshua; Edward L. Tatum (2025-08-07). "Gene Recombination in Escherichia Coli". Nature 158 (4016): 558. Bibcode:1946Natur.158..558L. PMID 21001945. doi:10.1038/158558a0. 
  22. Deichmann, pp. 227–231
  23. 23,0 23,1 23,2 Morange (1998), pp. 44–50
  24. 24,0 24,1 24,2 Fruton (1999), pp. 440–442
  25. Chargaff E (xu?o de 1950). "Chemical specificity of nucleic acids and mechanism of their enzymatic degradation". Experientia 6 (6): 201–9. PMID 15421335. doi:10.1007/BF02173653. 
  26. Hotchkiss, Roland D. "The role of deoxyribonucleotides in bacterial transformations". En W. D. McElroy; B. Glass. Phosphorus Metabolism. Baltimore: Johns Hopkins University Press. pp. 426–36. 
  27. Hershey AD, Chase M (May 1952). "Independent functions of viral protein and nucleic acid in growth of bacteriophage". The Journal of General Physiology 36 (1): 39–56. PMC 2147348. PMID 12981234. doi:10.1085/jgp.36.1.39. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
肌酸激酶偏高吃什么药 月子中心需要什么资质 泄露是什么意思 车厘子是什么季节的 发烧吃什么
手为什么会长水泡 什么是活检检查 pwi是什么意思 电解质是什么检查项目 荆芥是什么菜
林俊杰的粉丝叫什么 炒锅买什么材质的好 脾胃虚寒吃什么中成药 窦性心律过缓吃什么药 难过美人关是什么生肖
为什么腿会肿 什么生肖不能养龟 gloomy是什么意思 宫外孕是什么导致的 什么叫肝腹水
肾阴虚吃什么食物补kuyehao.com 1995属什么hcv8jop6ns9r.cn 银杏叶提取物治什么病hcv9jop7ns2r.cn 吃什么可以散结节hcv7jop9ns0r.cn 冥想有什么好处hcv8jop2ns0r.cn
1946年属狗的是什么命hcv8jop9ns6r.cn 易栓症是什么病hcv9jop5ns3r.cn igm是什么hcv8jop2ns1r.cn 母胎solo是什么意思hcv9jop5ns4r.cn 青光眼是什么hcv8jop4ns7r.cn
心血管病人吃什么最好hcv8jop4ns2r.cn 迁徙是什么意思hcv8jop4ns3r.cn 聊是什么意思hcv9jop0ns7r.cn 膝盖痛吃什么药好hcv7jop5ns6r.cn 为什么老是打喷嚏wuhaiwuya.com
成都有什么区hcv8jop0ns3r.cn 星期天左眼皮跳是什么预兆hcv9jop2ns6r.cn 子宫内膜息肉样增生是什么意思hcv7jop9ns6r.cn 蛋白尿是什么样子hcv9jop5ns8r.cn 梦到女儿死了是什么意思hcv8jop2ns7r.cn
百度